jueves, junio 29, 2006
Exile on Main St. como paradigma da beleza.
Arte...
Qué carallo é? Quén a inventou? Por qué (a algúns) nos fai “algo” que nos resona por dentro?. Quizais a mellor definición sexa a de Ezra Pound: “... É a noticia que non deixa de ser noticia...”.
Vale que todos temos a nosa forma subxetiva de mirar as cousas. Ainos de blanco e ainos de tinto. Ainos que lles queren cebola na tortilla. Non podemos facer uso dos nosos sentidos sen unha forma non neutral de observar. Estos procesos subxetuais, esas emocións absolutamente individuais fan da arte o que é, unha forma de comunicación que chega dun emisor (autor) a un receptor (co-autor) sen necesidade de códigos perfectamente codificados. Unha boa obra de arte ríxese por procesos intersubxetivos, máis que obxetivos, desvelando sempre algo do real, pero utilizando ese palabro grego poiesis, “eso” que fai o poeta. Sen embargo non existe unha boa obra se ninguén a ve. Aposto os güevos a que existiron millóns de obras de arte que tan só viu o autor. Pódese dicir que non existiron. Calquera compositor da academia, fodidamente hermético e críptico para a maioría dos mortais, ten arquivados para a posteridade as súas obras entre os fortes brazos da institución burguesa. Músicos de rúa (destes que non graban discos, outra forma de arquivo, quizais a única ainda non obsoleta hoxe en día)nunca pasarán á história pese a facernos rebulir a alma. Esto é así hoxe e era así no século XVI.
Todo este rollo ven ó caso para falar do que calquera fan dos Rolling Stones considera o mellor disco da banda. Esta afirmación é case unánime, pese a que ahí están Sticky Fingers, Beggars Banquet, let it Bleed... Pero por qué.?? Por qué a todos nos parece tan fodidamente bó este disco? Por qué chega a ser tan sublime??? Exile on Main St. non ten esas canción stonianas de amor á primeira escoita, esos himnos coreados por millóns de persoas en TODO o mundo. Qué ten?... Qué tiña Cezanne...?
Aquí entramos de cheo na arte, nas súas complexidades subxetuais, e nos procesos psicoperceptivos e heurísticos que a compoñen. Con este exemplo, a emoción gánalle á cognición á hora de recibir arte. Este disco doble non ten o valor histórico da gioconda, non revolucionou o panorama como esas putas de Aviñón nin ese mexadeiro de Duchamp... Este disco (doble) sinxelamente emociona. EMOCIONA.
Non descubrín ós Stones con este disco. Máis ben foi un descubrimento recente para min. Antes de coñecelo xa sabía o que significou esta banda para o Rock’n’roll, a música e a arte en xeral, pero este disco... Pola súa perfección, o David de Miguel Anxo do Rock and Roll.
Falemos da portada. Un collage. Fotografías de tódolos tipos, de tódalas xentes, pero cunha estrana unidade... É como as cancións que van soar cando o poñas. Distintas pero formando unha inusual, pero perfecta unidade conceptual. Todo encaixa en conxunto. O interior é como un tesouro. Cada fotografía debería estar no Louvre. Fora esas pedras vellas do Século V A.C... Pero esta obra mestra do 72 NUNCA acougaría nun museo.
Esta obra mestra da civilización occidental non viu a luz por casualidade. O seu título xa nos conta como exiliados para levar unha decadente vida en mansións versallescas francesas, metidos ata o fondo nas drogas, fuxindo de impostos e de policias, os Stones recluironse para crear, para o que é elaborar, (onde suxeito e obxeto colaboran en comunión, onde hai alternativas e incertidume para escoller a mellor, onde se destitue o imperio discursivo, provocando o gozo) a sua obra cumio.
O disco xestouse en estudios improvisados nos sótanos da mansión de Keith, Nellcôte, en camións con sofisticados equipos móviles de grabación, e entre xentes que ían dende élites culturais (Lennon, Parsons...) e aristocráticas (a jet set francesa e internacional), ata os camellos e yonkis máis tirados (Parsons...). Polo medio, un Richards totalmente adicto á heroina pululaba coa sua guitarra creando parte das magníficas cancións do mellor disco da historia.
Cando se pon o disco sona a mellor canción que podería soar para presentar un disco. Os Stones xa abriran o Beggars con Simpathy for de Devil, pero parece que se superaron. “Rocks Off” é enerxía, vitalidade. É vida. Con poesía directa, con vocabulario real. Moi pronto, a medida que se suceden as cancións, e como na vida mesma, descubrimos que existe algo máis que esa alegria inicial, que tódalas borracheiras teñen a súa resaca. De iso vai o disco. Fermoso e cruelmente veraz. O Francis Bacon do Rock and Roll. “Só me quito as pedras cando durmo...”
Pero ainda hai tempo para mais alegría. “Rip this Joint” é Rock and Roll, primitivo, frenético. Auténtico, como o resto do disco. Rock and roll deconstruido, exemplo de sinestesia que posúe o disco, e que posuirá toda boa obra de arte. É o subidón previo o baixón. Así é a vida. Así é o disco. Como dixo Baudelaire, a arte non representa o mundo, senón ó revés. Ata agora, hai transgresión, na medida que o disco se sae de prexuizos converxentes, e tamén hai consentimento, pois quén o escoita participa desta transgresión.
Despois, blues, ó máis puro estilo Stones. Música pintada de negro en “Shake your hips”. Todo respira blues, pero con un ritmo hipnótico, vudú. Ese tipo de artes das denominada abstractas, fronte ás plásticas, que nos falan de espacio, a MUSICA, fálanos de tempo. RITMO. Arte que desvela algo do real, sen fórmulas, sen mapa. Un modo sen modo, que diría S.Agustín.
“Casino Boogie” é a seguinte bomba de reloxería. Dende o principio ata o final pasando por ese SOLO de Mick Taylor, esta canción introducenos noutros ambientes. O dia deixa entrar á noite. Cantas magníficas bandas mamaron desta canción!. Cántas persoas lle debemos o que somos a estos surcos!... Terra que se oculta...
E despois ven o que podería considerarse o “single” do album, se é que se pode extraer algún. “Tumbling Dice” é seguramente é a canción máis popular do disco, e sen dúbida, unha das mais fermosas. Mick é xenial, dende o principio. Misóxino, coma sempe, pero xenial. “...Sempre preocupado, nunca paro de preocuparme,¿non ves como voa o tempo...”. Deixala rodar pode ser un placer indescriptible. Todo, neste caos, está en orde.
O grandísimo Gram Parsons está presente na seguinte canción. “Sweet Virginia”, Country-Rock que pon os pelos de punta dende que sona esa harmónica ata que todo sube, achegandose a un climax orgásmico. Esta canción está no subconsciente colectivo. Sabémola antes de nacer, o universo danza en armonia caótica ao seu son. Charlie toca a batería ao unísono co corazón de todos. O country parsoniano continua no corte 7, “Torn & Frayed”, que fala da adicción á heroina de Keith, unha preciosidade. ¿Nunca caminastes borrachos, desorientados, sós, tristes, buscando algo na oscuridade da noite...?. “Mentres sone a súa guitarra, deixa que te roube o corazón...” A soidade. O Edward Hopper do Rock and Roll.
Unha rara calidez fai acto de presencia cando soa “Sweet Black Angel”, como cando cantaban os grilos en verán e estabas apertado a esa rapaza que tanto che gustaba. A letra é poéticamente política, falando de prexuizos raciais, criticando a quén odia esa raza que eles tanto admiran, sen deixar de evocar a humidade dun bó polvo de verán, en sintonía coa natureza.
“Loving cup”... Charlie toca como en “You can’t always... “. En realidade en ambas toca o xenial productor-percusionista do disco, dos discos da época dourada dos Stones, Jimmy Miller. Esta canción é perfectamente fermosa. Das que fan chorar de alegría, que en realidade non é máis que tristeza oculta. Qué bonita canción a que fai que todo no momento que a escoitas che parezca fermoso.ARTE.
“Happy”. Richards desafina con esa magnífica voz creando unha canción perfecta. De novo surxe un estrano optimismo. Un canto á mala vida, un canto á superación da mediocridade que pode conseguir calquera mediocre como calquera de nós.
“Turd on the Run”, un boogie que nos fala do amor non correspondido, do amor suplicado, do amor humillante e desesperado que, de unha maneira ou outra, todos sufrimos. “...Supliqueiche, prometinche calquera cousa se só te quedabas. Perdín unha morea de amor contigo, nena...”. Frenético e sinceiro. Salvaxe. Co corazón destrozado. O Jackson Pollock do Rock and Roll.
“Ventilator Blues”... dende os inicios da banda en sudorosas Jam Sessions, este foi o seu estilo. Blues. Quizais o mellor exemplo de Blues polo que ten de deconstrucción. Uns ingleses que ven America, esa terra prometida que ven o blues e o rock’n’roll como maná. Peregrinos que ven a sua meta a metade de camiño. Sexo. Ritmo. Calor. Vida. Esta canción é follar. E despois “Just wanna see his face”, case unida é como durmirse despois de follar. Un soño que se mestura co orgasmo. Un tema case psicodélico. experimental. Pero dentro do disco encaixa como un rompecabezas. As voces... esas oníricas voces... O Bosco do Rock and Roll?
“Let it Loose”... Algo está a rematar. De súpeto, xurden unhas fermosísimas baladas como esta. Ese piano fai tolear a un espectador extasiado. Esas voces... esa letra... “.. O mellor os teus amigos pensan que só son un estrano, unha cara que nunca veredes máis...”.BELEZA.
E volve a alegría na cara 4 do doble disco. “All down the line”. Rock and Roll optimista, con ramalazos country... Qué carallo!... Un son inclasificable. Vital. Bó tema para despertar unha destas mañáns. “Won't you be my little baby for a while?” Quén non...?
“Stop breaking down”, retoma o blues stoniano cun Mick Taylor perfectamente idolatrable ao lado de Buda, Mahoma ou Xesús. O tema pasa a formar parte da mitoloxía popular do blues ao falarnos dunha muller que vira tolo a quén a mira. Inmortal. XENIAL.
Todo acaba. Este disco máis que ningún outro ten que rematar para ser perfecto. Como na vida, ao largo da audición pasamos de alegría a pena, de borracheira a resaca, de amor a odio, de calma a rabia. TODO está aquí dentro concentrado, como nunha boa obra de arte, con un pouco, trátase de dicir (ben) TODO. Ou o que poidamos dese todo.
Dous temas despedirán esta viaxe polo lado salvaxe, polo lado equivocado,( ou todo o contrario). “Shine a light” trata un tema ata agora non tratado no disco que só falaba de mundo, demo e carne. Neste tema a relixión, stonianamente deconstruida, chega o corazón de calqueira bicho vivo, crente ou non, por medio da música. Por medio da arte. Se a a arte é a busca da beleza, os Stones atopárona con este tema. Se as catedrais góticas, tan altas, con esas vidrieras que prometian un paraiso máis aló causaban efecto nos potenciais crentes, esta canción non debería ser menos. Mick canta como un anxo, redimíndose con este gospel, que lle adica a unha metafórica pecadora. “...Que poida o bó señor facer brilar unha luz sobre tí, facer de cada canción que cantes a tua melodía preferida, cálida como o sol da tarde... ” Oh, Deus, perdoa a estos pecadores, porque con esta canción gañaron un sitio no teu reino. O Greco do Rock and Roll.
O broche pono “Soul survivor”. Un himno ó sexo, as drogas e o rock and roll, esa santísima trinidade que adoraron dende a súa adolescencia, no que introducen o tema da morte abertamente. O disco morre. Gracias a Deus. Pero resucitará na próxima escoita. Así é a vida. así é a arte. Cántas veces morremos e renacemos tódolos días!!!!
Toda arte debería tocar unha fibra invisible, intanxible. Toda arte debería falar da vida, non fuxir dela. Toda arte debería non entenderse ben a primeira impresión, e amarse progresivamente nas sucesivas. Toda arte debería surxir da confusión, do caos e do intento de asimilación de todolos teus sentimentos. Toda arte debería ter sentido só para quén o precise.
Toda boa arte debería gustarlle a todo o mundo. Afortunadamente non é así.
Miguel Calvo, 2006.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Alboretoooooooooo
Publicar un comentario