viernes, abril 27, 2007

O ARTISTA E A SOCIEDADE: Unha relacion entre o imposible e o imprescindible.

Por Miguel Calvo

"...Gustaríame fotografiar esa árida impotencia que se inclina dentro do meu ser como a curva da vida..." Antonin Artaud

O prólogo de Aldo Pellegrini para o “Van Gogh” de Antonin Artaud (1896-1948) está escrito dende unha admiración fácilmente detectable, pero sen deixarse levar por un excesivo entusiasmo, e recurrindo a unha análise case científica da vida e obra (ambas desesperadamente indivisibles, como corpo e alma), dun dos principais poetas malditos franceses.
Artaud foi poeta, ensaísta, dramaturgo, crítico de arte… pero Pellegrini vai máis alá e ve nos seus escritos a un filósofo, case a un místico. Un abandeirado da liberdade e do individualismo, que non dubida en rebelarse contra o poder establecido, e erexirse como defensor dos alienados, eses xenios e tolos excluidos da sociedade, pois ésta só admitirá seres inconclusos, incapaces de deixar sair o seu verdadeiro eu e pasivos fronte a brutal represión ao seu individualismo por parte do poder e da propia naturaza social do home.
Artaud tamén foi un tolo, víctima de electroshocks, que vagou de psiquiatrico en psiquiátrico sen acadar nunca algo semellante á paz interior, un suicida que nunca chegou a suicidarse, un viaxeiro na busca de lugares e drogas exóticas, un drogadicto experimentado e experimentador, e sobre todo, un artista total, que en moitos aspectos se adiantou ao rock and roll e ao punk... Despois de todo, só buscaba a verdade...
Foi un dos membros iniciais dos surrealistas, dos que foi expulsado por diverxencias e por “non ser revolucionário” (o círculo de Bretón foi adquirindo co paso dos anos, un elitismo propio da academia). Como amante do individualismo e a liberdade, tiña serias dificultades para aceptar dogmas, e defendeu sempre esa liberdade integral do individuo. Este círculo artístico surrealista, sen embargo, marcou con profundidade a súa obra, xunto con outras innumerables influencias vitais e artísticas: As apaixoadas historias de amor, os seus experimentos coas drogas, os sufrimentos ós que foi sometido en psiquiatricos e asilos, a súa relación co teatro máis vangardista e transgresor…
Con este teatro, Artaud sí foi tachado de revolucionário, polo seu xeito de interpretalo en concepto. Para el, o teatro terá unha función clara: Unha ácida (cruel) análise do ser humano, un tremendo espello para que éste vexa como é en realidade. O seu teatro é unha reconstrucción da vida mesma. Con el, rexeita o mimetismo burgués e o tradicional drama para entretemento máis ou menos inofensivo para o establishment. Coetaneo a renovadores da escena dramática como Ionesco ou Stanislavsky, Artaud deu un paso máis e creou o chamado “teatro da crueldade”, unha violenta explosión creativa para sorprender, e mesmo aterrorizar ao público. Medio século despois, estas ideas serían desenroladas en profundidade por Iggy Pop, Jim Morrison e Alice Cooper.
Coa complexa escritura de Artaud en mente, Pellegrini adopta un estilo denso e, en principio, difícilmente dixerible. Pero a medida que as páxinas avanzan, non podemos máis que aplaudir a calidade e cantidade de datos que nos brinda sobre un autor tan críptico e, o mesmo tempo, humano. Calquera de nós, consciente ou subconscientemente, podería estar de acordo coas ideas de Artaud, ou cando menos respetalas e entendelas polo que teñen de angustiadas e desesperadas buscas da verdade. Quizáis o seu pesimismo sexa unha verdadeira traba para os seres que o único que ansían é vivir o pouco que lles queda de vida coas mínimas preocupacións vitais posibles.


Pellegrini tenta neste prólogo-ensaio explicar as ideas filosóficas que vivían convulsas dentro da obra poética de Artaud. Para empezar a súa desesperación existencialista, o seu profundo ( e lóxico) pesimismo, producido pola desorde, o sufrimento e o absurdo que percibía no mundo.
A súa visión do home é, pese a non ter moita simpatía por el, como a dun inagotable creador que loita, e normalmente acaba perdendo, contra a sociedade. O “eu verdadeiro” será inalcanzable para o ser humano, e será a sociedade quen principalmente tente aniquilar esa primixénea individualidade. Unha sociedade non pode permitirse ser un conxunto de individuos libres… Pode como moito, dar certas licencias a persoaxes excéntricas, para participar na farsa da democrácia e aliviar prolemas de contradiccións entre esta e a propia Liberdade. O home, por suposto, está de acordo nesta aniquilación, pois en certo senso, serve de bálsamo para as súas moitas frustracións.
Sen embargo, e coa contradicción que caracteriza a obra de Artaud, afirma que o home nace para ser despoxado de todo, e que só deixa excreccións. O home será só un ser incompleto, inacabado, un embrión condenado a non cegar nunca a plenitude, que só ten dúas opcións: desaparecer como individuo; ou pola contra, rebelarse, escolla que daría como resultado ser persegido e acurralado. Dito doutro xeito, tratado de tolo. Este ser inacabado, no fondo angustiado, valerase unha e outra vez de enganos e alivios para poder vivir, para poder soportar a existencia, e non recaer nese “horrible estado de loucura” coa que Artaud da renda solta ao seu desprecio polos psiquiatras, os individuos que determinan quén está fora dos límites da sociedade, e mesmo dun concepto tan relativo e vago como o da realidade. Os rexeitados pola sociedade (o propio Van Gogh…un entre tantos alienados) serán xenios , tolos, adiantados ao seu tempo… Marxinados pola súa superioridade. Artaud ve no tolo a un ser que decide non participar no absurdo da sociedade, e que crea o seu propio mundo para vivir nel, conforme á súa liberdade.
Este amor pola liberdade tamén terá un reflexo no seu xeito de escribir. A liberdade filolóxica chegará a uns extremos místicos, a utilizar a linguaxe como acción. Utiliza verbas comunicativas, multisémicas e emocionais, e mesmo padece de gloslalia, termino psiquiátrico que determina ao inventor dunha linguaxe propia. Esto trascenderá nunha violencia verbal, nunha consciente e necesaria obscenidade, apoiada na arma máis sofisticada para que os seu escritos sexan tomados en serio: O humor negro. Nada máis serio que isto, que paradójicamente, será máis permitido pola sociedade
A súa poesía estará cargada deste humor, e será un pastiche das máis variadas ideas e influencias que discurren pola súa torturada mente: Relixión, loucura, drogas…A poesía é como a vida para Artaud, unha poesía moi física, case unha danza coa que pretende a protesta, a convulsión, non a decoratividade nin os logros intelectuais. Como crítico de arte, expuxoo con estas palabras: “…onde os demáis poñen obras, eu poño o meu espírito… O artista ten o deber social de dar saída ás angustias da época…”
E tamén neste ámbito das artes , Artaud será implacable. Fustigará o poder como paralizador do individuo, dese artista coa necesidade de ser libre, e ter que xantar quente. Pero será máis crítico cos falsos poetas, cos falsos artistas, cos falsos literatos que colaboran codo con codo para o adormecimento da liberdade individual, e só pensan en vender a súa obra como un producto máis de consumo. Para Artaud o verdadeiro artista estará fora da arte, o verdadeiro literato estará fora da literatura, e as súas obras serán irreducibles a un producto de consumo.
O verdadeiro artista nunca accedería a reprimirse, a edulcorar a súa obra para o gusto do establishment, que gusta dos provocadores ata certo punto. O verdadeiro artista decataríase de quén é o inimigo da súa liberdade individual: A propia sociedade da que forma parte (unha parte fundamental, como ben sabe o poder), unha institución intrínseca ao carácter humano que se ocupará de delimitar ao individuo.
Estes límites serán outro dos temas principais de Artaud, que ve neles algo invencible. Para empezar, os primeiros límites, o principal enemigo da liberdade do home está no seu propio corpo: “…non acepto non ter feito o meu corpo eu mesmo…” Para Artaud, un contradictório ateo ultra-crente a alma será infinita e intemporal, indegradable. Esta dicotomía entre corpo e alma será un reflexo dos seus sentimentos cara o baleiro, a soidade do home; e a plenitude.
Esta plenitude será un símbolo da pureza, que tamén admiraba o seu precursor Nietzsche, unha admiración contradictória no caso de Artaud, xa que por un lado ámaa por ser elevada e nobre, e por outro, odiaa por suprahumana, como un reflexo do inalcanzable para o home.
E este é o pesimista retrato que Pellegrini fai de Artaud, un individuo libre, nos límites da sociedade, co que probablemente se sentiría, ou eso denota este texto, en grande medida identificado. Todo artista, ó fin e o cabo, debería cumplir esas premisas que cumpria Artaud: Liberdade, individualismo, fustigar con voracidade o poder represor e a sociedade, imperturbable ante os ataques desta como inimiga natural do individuo, defensor dos alienados , e experimentador de linguaxes, coas que pretende non achegarse á vida, nin representala, senón fundila, en comunión coa obra.

1 comentario:

Anónimo dijo...

After getting more than 10000 visitors/day to my website I thought your artepozonegro.blogspot.com website also need unstoppable flow of traffic...

Use this BRAND NEW software and get all the traffic for your website you will ever need ...

= = > > http://get-massive-autopilot-traffic.com

In testing phase it generated 867,981 visitors and $540,340.

Then another $86,299.13 in 90 days to be exact. That's $958.88 a
day!!

And all it took was 10 minutes to set up and run.

But how does it work??

You just configure the system, click the mouse button a few
times, activate the software, copy and paste a few links and
you're done!!

Click the link BELOW as you're about to witness a software that
could be a MAJOR turning point to your success.

= = > > http://get-massive-autopilot-traffic.com